Suárez Canal comproba os avances da actuación das Bouzas

31 01 2009
O conselleiro xunto a o candidato Anxo Collarte e o Alcalde de Castrelo

O conselleiro xunto ao candidato Anxo Collarte e o Alcalde de Castrelo de Miño

Non se trata só de predicar, se non verificar feitos, como é o avance das obras  das 30 Has de viñedo do Polígono Agrario das Bouzas onde se porá en aplicación a primeira explotación comunitaria deste tipo no noso pais. Os veciños das Bouzas seguen a pé de obra a incesante ringleira de camiños e máquinas que executan as delicadas tarefas de movimento de terras.  E así o constatou o Conselleiro Alfredo Suárez Canal na sua visita institucional do día 30 onde foi arroupado por mais de 60 veciños da zona e tamén do resto da Comarca. O exemplo das Bouzas haberá que ollalo con atención xa que supón no encadramento do Plan Ribeiro  co BANTEGAL para as terras agrarias  e a creación de UXFOR  nos montes os piares da verdadeira “reforma agraria”  no noso minifundio ribeirao. O Conselleiro Suárez Canal aproveitou para falar do novo Decreto sobre a Reserva Galega de Dereitos de Viñedo e a posta en marcha da nova Reestructuración do viñedo.





Ecos ribeiraos da cea-mitin do BNG en Ourense

31 01 2009
cea-mitin-007

Unha perspectiva da mesa nº 13 do Ribeiro

A nosa militancia segue a quecer motores desde a cita de Compostela, e mais unha vez respostou masivamente a ambiciosa convocatoria do día 24 en Ourense onde houbo un record de participación no que respecta ao formato de acto político-gastronómico na nosa provincia (mais de 1500 persoas). Hai boas sensacions que xa se refrendarón posteriormente na visita de Alfredo do día 30, da que incluiremos posts en breve. Deixaremos unha pequena escolma de momentos da cita.

O responsable comarcal Xurxo co compañeiro Ficol

O responsable comarcal Xurxo co compañeiro Ficol

Xan de Carballeda e Xabier Carreira

Xan de Carballeda e Xabier Carreira





Alfredo Suárez Canal visitará actuacions de Medio Rural no Ribeiro

27 01 2009

med_20080426_quintanacanalcastrelodomino_07

O próximo venres día 30 o  Conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal virá visitar actuacions da sua Consellería no eido vitívicola do Ribeiro. As 12:00 horas do venres estará no Polígono Agrario das Bouzas cos integrantes do mesmo, onde se comprobaran “in situ” os avances feitos neste ambicioso proxecto que marcará un antes e despois na economía vitícola da zona. Despois ás 13:00 horas estará o Conselleiro nas obras  da Adega ubicada en Cenlle  “Casal de Birmadeus” que esta promovida por 3 viticultores do lugar do que se espera sexa un revulsivo dos viños desta parte do Ribeiro.





Alfredo Suárez Canal xantará coa militancia do BNG e manterá encontro co sector do viño

26 01 2009

alfredoanuncio-para-maquetar-avances8_-treixadura

Alfredo Suárez Canal participará na actividade de campaña  connosco na tarde do día 30 despois da sua axenda institucional no Ribeiro.  Ás 14:00 horas haberá un xantar coa militancia comarcal do BNG no Restaurante Calvo en Ribadavia, haberá polbo e carne ó caldeiro. Finalmente ás 17:00 horas haberá un encontro con xente do sector do viño no Centro Comarlcal do Ribeiro.





“Overbooking” para o mítin-cea do sábado

21 01 2009

nova-imaxe-avances2

Arrancamos con forza a campaña do BNG, temos enquisas de diversos xornais (Xornal e La Razón) que dan suba ao BNG, e especialmente con grandes posibilidades para o 3º por Ourense.  Mais o que mais anima é a resposta aos primeiros actos de campaña, o pasado sábado houbo cheo total no Restollal en Santiago e acá a 3 dias do acto xa non hai posibilidades de reservar para a cea-mitin do sábado, ata tal punto que houbo que reencamiñar peticions a outros actos, xa confirmaron asistencia mais de 1300 persoas!. O Ribeiro esta respostando por enrriba das expectativas iniciais tanto no que foi o sábado como no próximo acto de Ourense polo que debemos reforzar noso ánimo de cara a unha movilización de militantes e simpatizantes.

De cara a nosa comarca anunciar a visita de Alfredo Suárez Canal para o día 30 de xaneiro onde fara visitas a actuacions vitinícolas apoiadas pola Consellería de Medio Rural para logo ter un xantar coa militancia, informaremos próximamente sobre este acto de campaña.

Lembrar ás persoas que reservaraon para o sábado día 24 que retiren canto antes o bono na Sede do BNG do Ribeiro, tamén é posible chamar no 616306770 (Vilas) e no 667416733 (Anxo).





Eleccions ao Parlamento de Galiza 2009: Cea-Mitin de presentación da canditura do BNG de Ourense

20 01 2009

tarxeton_galegas_2009

Desde o Ribeiro estamos convocados/as  a un importante acto de precampaña que será a presentación da nosa candidatura de Ourense para o Parlamento de Galiza. Nesta xuntanza contaremos especialmente coa presenza do Portavoz Nacional Anxo Quintana e o canditato por Ourense Alfredo Suárez Canal. Na candidatura de Ourense iran os compañeiros do Ribeiro Anxo Collarte (nº5) e Xosé Manuel Vilas (suplente).

A este acto estamos convocados militantes e simpatizantes do BNG da comarca así como representantes dos distintos sectores socioeconómicos que se poidan ver respaldados polas nosas iniciativas e propostas. A presencia do nacionalismo na Xunta de Galicia permite deseñar políticas que afronten os difíceis tempos que se aveciñan na economía do pais, mais que nunca as nosas políticas para fortalecer o tecido socioeconómico do Ribeiro van na liña necesaria: Plan Ribeiro, contratos da uva, Museo do Viño, infraestruturas rurais, galescolas, apoio a dependencia,  recuperación das vivendas rurais, internet, etc.

O Acto será en Expo Ourense ás 21:00 horas do sábado día 24 de xaneiro. Para asistir hai que retirar un bono chamando ao 616306770 (Vilas)  ou no  667416733 (Anxo).

mapa-expourense





Compromiso con Ribadavia

1 07 2008

imagen3

O noso compromiso con Ribadavia esta virado con políticas que aplicamos en todo o pais e que xa estan plenamente contrastadas onde tivemos responsabilidades de goberno. No eido da vivenda e mellora urbanística estan nosas actuacions que poden ser verificadas pola cidadanía de Ribadavia xa que temso o apoio da acción de goberno do BNG na Xunta de Galiza a través da Conselleríad e Vivenda e Solo.

Clika acá para ver as nosas actuacions.

ribadaviaxullo081





Acto comarcal do BNG Ribeiro co gallo da campaña previa ao 25 de xullo, “cremos no noso País”.

7 06 2008

Este sábado 7 de Xullo o BNG Ribeiro organiza un Xantar Comarcal co gallo da campaña previa ao Día da Pátria “cremos no noso País”. Terá lugar a partires das 14 horas no Restaurante O Bosque de Xubín – Cenlle.

Asistirán militantes e simpatizantes de todos os concellos da comarca e contaremos coa presenza do Portavoz Nacional do BNG e Vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana.





O Galego é un dereito básico! – Acto Comarcal

7 05 2008





Mocion sobre o Decreto do Bacherelato

29 04 2008

A representación do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, nos concellos do Ribeiro, presenta a seguinte MOCIÓN sobre o decreto de bacharelato para ser debatida no seo da corporación.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A implantación en Galiza dos distintos currículos das ensinanzas non universitarias en aplicación da LOE (Lei Orgánica de Educación) están producindo graves problemas á hora de estabelecer un ensino equilibrado e adaptado á realidade galega que promova a formación integral do alumnado.

A LOE e a posterior normativa dictada polo Goberno central, ao igual que o fixeron as anteriores leis da etapa do PP, impoñen un sistema educativo centralizador que fixa unha elevada porcentaxe de contidos mínimos, novas áreas do currículo e o ensino da relixión dentro do horario lectivo e con valor académico. Todas estas cuestións impiden avanzar cara a un ensino laico; que Galiza poida exercer as competencias propias, e que o sistema educativo e o currículo se axeite á nosa realidade e ás necesidades do alumnado galego.

No que respecta ao bacharelato a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria elaborou un borrador de decreto sobre o currículo desta etapa educativa que supón a redución do horario lectivo en tres áreas fundamentais, a Educación Física que queda reducida a unha hora semanal nun só curso, a Filosofía (que pasa de tres a dúas horas) e tamén unha hora menos para Historia (de catro a tres horas).

As áreas obxecto de redución implican consecuencias negativas moi importantes na formación do alumnado.

En primeiro lugar a redución na área de Educación Física supoñería a práctica desaparición desta materia pois unha hora en toda a etapa outórgalle un carácter residual, tería menos carga horaria que Relixión e colocaría a Galiza moi lonxe dos estándares dos sistemas de ensino máis avanzados. A maiores iría en contra das propias recomendacións de distintos organismos internacionais.

A redución na área de Filosofía, considerando que se incrementan os contidos a impartir (Cidadanía), e en Historia vai impedir que os contidos poidan ser impartidos desde unha perspectiva propia galega, o que se traduce en que os currículos das materias impartidas en Galiza se van reducir exclusivamente aos mínimos marcados a nivel de Estado.

O borrador de Decreto está en fase de discusión para a súa posterior aprobación polo que aínda hai tempo para que, atendendo ás demandas de moitos sectores educativos, se produzan as necesarias modificacións que garantan unha carga lectiva adecuada para o coñecemento da realidade galega e unha formación equilibrada e integral do alumando.
1º Instar á administración educativa do Goberno central a que nas leis educativas e demais normativa que as desenvolve respecte as competencias educativas propias de Galiza de xeito que permita o estabelecemento de currículos equilibrados e adaptados á realidade galega.
2º Instar ás administracións educativas central e galega a avanzar cara un ensino laico no que a materia de relixión non forme parte do currículo.
3º Demandar da administración educativa galega a apertura dun proceso de diálogo co sector e que o novo decreto de bacharelato.

  • garanta, como mínimo, a actual carga horaria nas materias de Educación Física, Filosofía e Historia,
  • asegure a presenza da Historia e Xeografía de Galiza, a Literatura Galega do Século XX, a Música e a Educación Física como materias optativas de oferta obrigatoria.
  • estabeleza o ensino da relixión fóra do horario lectivo dos centros.