Todo alcalde debe ser dialogante e ter sentido común

23 06 2011

O BNG OFRECE O SEU APOIO PARA DAR ESTABILIDADE AO GOBERNO LOCAL E REITERA DO ALCALDE DIÁLOGO E SENTIDO COMÚN

Ribadavia 23 de xuño de 2011

BNG

O portavoz nacionalista, Anxo Collarte, lamenta a irresponsabilidade do alcalde ao fuxir do debate e acudir á descalificación persoal

Anxo Collarte, portavoz do BNG de Ribadavia, manifestou que “o goberno municipal ten o noso apoio para darlle estabilidade ao goberno local, pero pídolle ao alcalde que utilice o diálogo e o sentido común para facelo realidade.”

Anxo Collarte, engadiu ademais “que pense nos problemas reais dos veciños e veciñas de Ribadavia e non antepoña as situacións persoais dos seus concelleiros para impedir un goberno sólido. O BNG non vai caír nas provocacións do alcalde e mantemos a nosa determinación de aportar sentido común e diálogo á vida municipal como así fixemos durante oito anos. Lamento a irresponsabilidade do alcalde ao fuxir do debate e do diálogo e acudir á descalificación persoal, pero non imos entrar no xogo de manobras de modificación de asuntos plenarios sobre a marcha, exhibicións de soberbia e descalificacións persoais para tapar a incapacidade de resolver”.


Accións

Información

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.