Diálogo e sentido común para dar estabilidade a Ribadavia

23 06 2011

O BNG DEMANDA DA ALCALDÍA DIÁLOGO E SENTIDO COMÚN PARA DAR ESTABILIDADE AO GOBERNO LOCAL

Ribadavia 22 de xuño de 2011

O BNG demandou do alcalde de Ribadavia máis diálogo para poder darlle maior estabilidade ao novo goberno local. Anxo Collarte, portavoz do BNG, declarou que “o alcalde debe utilizar o sentido común, pero sobre falar, falar con nós, porque estamos dispostos a un debate en positivo sobre as discrepancias que xurdiron no Pleno de organización de hoxe”.

BNG

Engadiu o portavoz nacionalista que “nun pleno onde a ausencia de maiorías absolutas é un feito, o alcalde está obrigado a actuar responsabelmente, dialogar para determinar as regras de xogo para os próximos catro anos. Queremos tratar estes asuntos con calma, escoitando incluso a outros grupos da corporación. Queremos facilitar o traballo do goberno, pero en condicións razoábeis e non coa imposición dunhas retribucións para os membros do goberno que resultan un agravio para as persoas que están sufrindo unha grave crise económica da que non son responsábeis”.


Accións

Información

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.