BNG, o noso compromiso é coa veciñanza de Ribadavia

11 06 2011

O BNG RENOVA O SEU COMPROMISO PARA TRABALLAR A PROL DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE RIBADAVIA

Os membros do grupo municipal do BNG en Ribadavia, Anxo Collarte e Edmundo Araújo, manifestaron hoxe o seu compromiso en cumprir coas propostas de futuro achegadas á cidadanía de Ribadavia a través do traballo diario do grupo municipal nacionalista. Non sendo posible, polo de agora, a incorporación dos nacionalistas a un novo goberno municipal de coalición, o BNG de Ribadavia optou por non por atrancos á elección do candidato do PSOE como novo alcalde.

BNG

A garantía de estabilidade, de medios suficientes para o exercicio do goberno, para o cal o BNG non puxo atrancos a que o candidato socialista á alcaldía e un concelleiro do seu grupo gozaran de adicación exclusiva a xornada completa para o desempeño das súas tarefas, e a pesar do compromiso dos nacionalistas para formar un novo goberno de coalición para este mandato municipal víronse frustrados. Ate tres propostas de distribución das áreas do goberno municipal realizadas polo BNG, foron rexeitadas.

O portavoz nacionalista Anxo Collarte sinala que “o BNG de Ribadavia vai exercer con responsabilidade na corporación municipal de Ribadavia polo seu compromiso cos intereses dos veciños e veciñas de Ribadavia, como así se fixo no goberno municipal nos últimos 8 anos”.


Accións

Información

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.