A DIRECTORA XERAL PARA O DEPORTE PRESENTOU O PROXECTO DE REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL DE RIBADAVIA

5 02 2009

· marta_souto1

A reforma integral terá un orzamento aproximado de 1.300.000 euros.

A obra consistirá na sustitución do céspede, así como a modificación dos espazos cubertos,  iluminación e peche.

Santiago, 4 de febreiro. A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe o proxecto básico de reforma do campo de fútbol do Xestal, en Ribadavia, que terá un orzamento aproximado de 1.300.000 euros.

Ao acto de presentación do proxecto asistiu o tenente de alcalde e concelleiro de deporte, Anxo Collarte; o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Antonio Blanco e a arquitecta responsable do proxecto, Patricia Sabín.

A directora xeral para o Deporte destacou que “este proxecto vai supor un onte e un hoxe na vida desta instalación deportiva. Ademais estou encantada de poder destacar que desaparecerán os muros por outros peches máis acaídos, máis respetuosos co entorno, así como que sexa accesíbel para todos e todas, que todas as persoas, sexa cal sexa o seu grado de mobilidade podan acceder a esta instalacións”.

Marta Souto destacou a colaboración co Concello de Ribadavia: “O diálogo institucional beneficia ao deporte e aos deportistas e espero que moi pronto vexamos xa este proxecto convertido nunha realidade”.

A obra consistirá na sustitución do céspede natural por artificial, así como a construción dun peche perimetral, a modificación dos espazos cubertos, vestiarios, almacéns, gradas e a iluminación do campo. O proxecto sufrirá algunha modificación, xa que o equipo redactor está en contacto co Concello para incorporar algunha suxestión. Por este mesmo motivo, o orzamento que se baralla neste momento, de algo máis de 1.300.000 euros, tamén pode ter algún cambio.


Acções

Informação

Publicar um comentário

Tem de ter a sessão iniciada para publicar um comentário.