O próximo venres día 30 o Conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal virá visitar actuacions da sua Consellería no eido vitívicola do Ribeiro. As 12:00 horas do venres estará no Polígono Agrario das Bouzas cos integrantes do mesmo, onde se comprobaran “in situ” os avances feitos neste ambicioso proxecto que marcará un antes e despois na economía vitícola da zona. Despois ás 13:00 horas estará o Conselleiro nas obras da Adega ubicada en Cenlle “Casal de Birmadeus” que esta promovida por 3 viticultores do lugar do que se espera sexa un revulsivo dos viños desta parte do Ribeiro.

