
Desde o Ribeiro estamos convocados/as a un importante acto de precampaña que será a presentación da nosa candidatura de Ourense para o Parlamento de Galiza. Nesta xuntanza contaremos especialmente coa presenza do Portavoz Nacional Anxo Quintana e o canditato por Ourense Alfredo Suárez Canal. Na candidatura de Ourense iran os compañeiros do Ribeiro Anxo Collarte (nº5) e Xosé Manuel Vilas (suplente).
A este acto estamos convocados militantes e simpatizantes do BNG da comarca así como representantes dos distintos sectores socioeconómicos que se poidan ver respaldados polas nosas iniciativas e propostas. A presencia do nacionalismo na Xunta de Galicia permite deseñar políticas que afronten os difíceis tempos que se aveciñan na economía do pais, mais que nunca as nosas políticas para fortalecer o tecido socioeconómico do Ribeiro van na liña necesaria: Plan Ribeiro, contratos da uva, Museo do Viño, infraestruturas rurais, galescolas, apoio a dependencia, recuperación das vivendas rurais, internet, etc.
O Acto será en Expo Ourense ás 21:00 horas do sábado día 24 de xaneiro. Para asistir hai que retirar un bono chamando ao 616306770 (Vilas) ou no 667416733 (Anxo).

