Mitin fin de campaña do BNG en Ribadavia

4 06 2009

Mitín FIN DE CAMPAÑA do BNG en Ribadavia

 
Ana Miranda, candidata do BNG para Europa

Falarán

1.- ANXO COLLARTE
      Tenente de Alcalde de Ribadavia

2.- IAGO TABARÉS
       Membro do Consello Nacional do BNG

3.- TAREIXA PAZ
       Deputada do Parlamento de Galiza

LUGAR: Centro Comarcal do Ribeiro
DATA:    Venres 5 de Xuño
DATA:     21:00 horas

Para obter máis información sobre o BNG de Ribadavia descargue o Boletín do mes de maio
(prema aquí para descargalo)





ACTOS FINAIS DA CAMPAÑA NO RIBEIRO

23 02 2009
O día da pegada

O día da pegada

Temos os actos finais de campaña no Ribeiro como os que seguen:

Mitin en Sampaio o día 27 no Centro Social ás 19:00  horas con intervención de Emilio Cuiñas e Anxo Collarte

MITIN COMARCAL EN CASTRELO DE MIÑO no Club Náutico 25 ás 20:00 horas onde intervirán Xurxo Alvárez, Alcalde de Castrelo de Miño, Anxo Collarte e Alfredo Suárez Canal.

MITIN PROVINCIAL EN OURENSE o xoves día 26 ás 20:15 horas no Pavillón dos Remedios con Alfredo Suárez Canal e Anxo Quintana

MITIN NACIONAL PECHE DE CAMPAÑA EN VIGO ás 20:30 h no Pavillón das Travesas.

CEA FIN DE CAMPAÑA en Vide (Castrelo de Miño) o venres día 27 ás 21:30 horas no Bar Ludeiro, hai que reservar no 678643162.





ACTOS CENTRAIS DA CAMPAÑA DO BNG

19 02 2009

nova-imaxe

Xa foron convocados os actos centrais de campaña como o Provincial de Ourense e o Nacional de Vigo. Calquera persoa que queira confirmar asistencia e dispor de transporte chame ao 616306770 (Vilas) ou no 988470081.

OURENSE, 26 de febreiro

20:15

Lugar: Pavillón dos Remedios

Alexandre Sánchez Vidal, Tareixa Paz,

Alfredo Suárez Canal e Anxo Quintana





ACTOS DA CAMPAÑA PARLAMENTO DE GALIZA NO RIBEIRO

15 02 2009

a-tua-forza1

MÉRCORES DÍA 18

SAN CRISTOVO (RIBADAVIA)

20:00 h.

Lugar:

Intervirán: Xosé Carballido e Anxo Collarte

XOVES DIA 19

FRANCELOS (RIBADAVIA)

20:00 h.

Lugar:

Intervirán: Xosé Carballido e Anxo Collarte

VENRES DÍA 20

SANTO ANDRÉ (RIBADAVIA)

20:30 h.

Lugar:

Intervirán: Xosé Rodríguez Cid e Iago Tabarés

SÁBADO DÍA 21

CORTEGADA

20:00

Lugar:

Falarán: Ánxeles, Iago Tabarés Iago e Xosé Carballido Presas

LEIRO

20:30

Lugar:

Falarán: Luis Pérez Estévez, Xosé Manuel Pérez Bouza, Antucho Espinosa e Tareixa Paz

DOMINGO DÍA 22

CENLLE

11:30 h.

Lugar: Casa do pobo

Falarán: Xosé Manuel Puga e Anxo Collarte.

LAIAS

13:00 h.

Lugar: Casa do Pobo

falarán: Xosé Manuel Puga e Anxo Collarte

MACENDO

17:00 h.

Lugar: Centro Social

falarán: Xurxo Rodríguez , Xosé Rguez Cid e Anxo Collarte

LUNS DÍA 23

ARNOIA

20:15 h.

Lugar: cooperativa San Salvador

Estarán: Iago Tabarés

MÉRCORES DÍA 25

RIBADAVIA

11:30 h.

Presenza na feira

Estarán: Xurxo Méndez, Anxo Collarte, Iago Tabarés, Tereixa Paz e cargos orgánicos e institucionais do BNG

CASTRELO DE MIÑO

20:00

Lugar:

Falarán: Xurxo Rodríguez, Anxo Collarte e

Alfredo Suárez canal

XOVES DÍA 26

OURENSE

20:15

Lugar: Pavillón dos Remedios

QUINTANA, E ALFREDO





ALEGACIÓNS DO BNG DO RIBEIRO AO PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS DE GALIZA (2007-2017)

14 02 2009

lixo-jpg1

O 7 de febreiro de 2007, o BNG do Ribeiro fixo público (www.ribeiro.tv) o seu posicionamento sobre a implantación no Concello de Carballeda de Avia do chamado Parque Ambiental de Galiza. O BNG do Ribeiro amosaba o seu respaldo a dito parque empresarial de reciclaxe de residuos industriais, no que habían colaborar as consellerías de Vivenda e Solo e máis de Medio Ambiente mediante o convenio asinado entre ambas o 2 de marzo de 2007, sempre e cando se cumpriran as seguintes premisas:


- Quedara totalmente excluída a incineración como método de tratamento dos residuos.

- Non houbera nunca un vertedoiro.

- O parque tivera conexión directa coa A-52.

- Non tivera incidencia nos sectores económicos estratéxicos do Ribeiro: viño, patrimonio, natureza e auga.

- A instalación do parque fose froito dun debate sosegado para construir un parque empresarial sostible cun sistema de xestión ambiental e de calidade.


O 30 de setembro de 2007, o grupo do BNG na Deputación de Ourense presentaba unha moción “sobre o Parque Medioambiental de Carballeda de Avia” na que se recollía que en ningún caso se utilizaría a incineración de residuos, non se reciclarían substancias reputabeis como perigosas, non se tratarían lodos de depuradoras e se manifestaba a prol de que se tratara unicamente dun “centro de reciclaxe e transformación de materiais que teñan un alto valor engadido” sen “menoscabo ou prexuízo doutras actividades económicas que tradicionalmente se veñen desenvolvendo na comarca”.

Recentemente a Consellería de Medio Ambiente ven de publicar o 26-9-2008 na súa web a disposición “Plan de xestión de residuos urbanos de Galiza (2007-2017) e Informe de Sostenibilidade Ambiental” (PXRUG) en prazo de formulación de suxestións, proposicións ou recomendacións.

Este plano de residuos urbanos propón a construción dunha “Planta de tratamento da zona de Ourense” que está proxectada para o tratamento de Fracción Resto, Fracción orgánica e Fracción envases lixeiros, no marco do Plan Sectorial de Infraestruturas de Tratamento de Residuos Urbanos de Galicia (PSI)” (Anexo 4 do PXRUG, páxina 1). O documento prevé que esta pranta trate entre 187.000 e 257.500 toneladas de residuos urbanos incorporando probablemente nas súas proximidades un vertedoiro con capacidade para 630.000 tn de residuos e unha vida útil estimada de entre 7 e 10 anos (pax. 1-5 do anexo 4 do PXRUG).

Malia que no referio Anexo 4 do PXRUG se afirma (páxina 6) que “A planta situarase na provincia de Ourense, nun lugar que aínda está sen determinar”, no documento 2-C Anexos _PGRUG_GL do PXRUG, que contén as referencias cartográficas de localización da planta de tratamento de Ourense, nas páxinas 264, 265, 266 e 267 ubicase dita pranta exactamente no concello de Carballeda de Avia.

No borrador xeral desta disposición á hora da “Simulación do transporte dos fluxos de residuos asociados ó Plan de infraestruturas” novamente nos mapas das páxinas 169 a 171 a pranta de tratamento de Ourense aparece localizada no término municipal de Carballeda de Avia. Na páxina 172 exponse (Táboa 42) o consumo do transporte do Posible destino do rexeitamento a SOGAMA en función da dispoñibilidade de vertedoiro para Carballeda e Lugo”.

Unha vez examinado o documento do PXRUG 2007-2017, o escenario que se plantexa é completamente contradictorio coas posición sostidas polo BNG do Ribeiro que se opón á instalación dunha macropranta de tratamento de residuos urbanos e un vertedoiro na comarca do Ribeiro.

O PXRUG 2007-2017 debe impulsar estratexias de prevención e educación dirixidas a fomentar hábitos responsábeis de consumo; accións transformadoras das estruturas produtivas, para a redución da xeración de residuos, e impulsar políticas de reutilización e reciclaxe.

Ante o exposto, SOLICITAMOS:

Se teña por presentado este escrito, para a revisión do PXRUG 2007-2017 e se contemple como alternativa a creación de plantas comarcais de reciclaxe e compostaxe baseadas nun modelo de recollida selectiva de calidade.

Ribadavia, 24 de novembro de 2008.





Alegacions presentadas polo BNG de Ribadavia ao PXOM

14 02 2009

ribadavia1

Anxo Collarte Pérez con DNI 76725082A e Emilio Cuíñas Otero con DNI 76722958H en representación do Bloque Nacionalista Galego de Ribadavia.

EXPOÑEN

Que estivo a exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadavia e dentro do prazo conferido ao efecto desexa facer a seguinte Alegación:

O concello de Ribadavia ríxese urbanisticamente por unhas Normas Subsidiarias que datan do ano 1986 as cales son insuficientes para acadar unha ordenación urbanística acaída para o concello.

O 29 de outubro de 2008 o Concello de Ribadavia, en sesión plenaria, aprobou inicialmente o PXOM.

Os integrantes do grupo municipal do BNG no concello de Ribadavia votaron favorablemente a aprobación inicial do PXOM pero xa nese momento citaron unha serie de cuestións mellorables no documento.

Durante o tempo de exposición publica do PXOM realizuose unha lectura detallada do PXOM e recolléronse as opinións de colectivos e vecinos do concello de Ribadavia. Deste proceso de consulta e reflexión saen unha serie de propostas que, redactadas a modo de alegación, tentan correxir erros e deficiencias atopadas no PXOM así como adiantar solucións que eviten conflictos futuros.

O obxectivo é mellorar o PXOM aprobado inicialmente co obxectivo contribuir na calidade de vida dos veciños de Ribadavia, a consecución de espazos públicos, equipamentos ben dimensionados e un modelo urbanístico acaído as necesidades de Ribadavia.

SOLO URBANO

Alegación parcial 1.

O PXOM de Ribadavia clasifica unha serie de sectores como Solo Urbano non Consolidado e delimita varias áreas de reparto que pretenden consolidar ese solo e desenvolvelo urbanísticamente.

Consideramos que catro destas áreas de reparto deben ser suprimidas do PXOM e clasificar eses ámbitos como solo rústico de protección de augas. Concretamente as áreas R16, R12, R13 e R14.

Estes espazos, aparte de estar dentro do cauce do Rio Avia e ser fácilmente inundables, teñen unha clara vocación de espazo publico para o disfrute dos veciños seguindo o modelos do parque da Veronza (Entre a piscina e o campo de futbol do Xestal)

A edificabilidade perdida ao suprimir estas áreas de reparto debe ser empregada en outras zonas próximas como o Barrio de San Francisco, (Rua da Costa, Coenga, Irmáns Alvarez Araujo,…) necesitado dun impulso que promova a súa revitalización.

Outra zona na que é posible rehubicar parte desta edificabilidade é a marxe dereita da Nacional 120 no tramo comprendido entre o tanatorio é o cruce da Franqueirán. O tratamento debe ser similar ao empregado na zona da Quinza considerando o tramo da N120 coma unha travesía e permitir a edificación de baixa densidade.

Alegación parcial 2

Na parroquia de Francelos atópase delimitada a Area de Reparto número 8. O sentido da alegación é o de indicar que, debido a un erro na representación cartográfica das liñas de media tensión que discurren pola zona, omitiuse o feito de que unha liña destas características atravesa o ámbito da area e que debe ser clasificada como Solo Rústico de Protección de Infraestruturas.

Alegación Parcial 3

Na parroquia de Francelos aparece cartografiada de forma erronea unha liña da media tensión na zona coñecida como Formigueira (ver alegación parcial 2) Este erro debe ser correxido e dotar á zona da clasificación urbanística correspondente.

Alegación Parcial 4

Na parroquia de Francelos aparece delimitado como Zona Verde un terreo coñecido como “campo da festa” que recentemente foi adquirido polo concello co obxectivo de preparalo como zona de ocio e ocasionas campo da festa para os veciños de Francelos.

A clasificación máis adecuada para acadar esta finalidade é a de sistemas de equipamentos e dotacións. Entendemos que o campo da festa debe quedar recollido coma equipamento.

A clasificación como equipamento permitiría reservar edificabilidade para a creación dun centro de dia e reservar o resto do ambito para os obxectivos previstos de campo da festa. Esta fórmula permite dotar a Francelos dunha instalación moi necesaria que contribuiría a mellorar de forma sustancial a calidade de vida dos veciños. Con esta formula tamén seria posible a habilitación do campo da festa e da zona de ocio.

Alegación Parcial 5

O núcleo de Francelos clasifícase na súa totalidade como solo urbano. O PXOM marca que ese ambito debe ser ordenado mediante a redacción dun Plan Especial de Protección e Reforma Interior. Deste modo, a futura aprobación definitiva do PXOM, non resolverá a situación urbanistica de Francelos.

O sentido da alegación e o de propoñer que o PXOM asuma a ordenación en detalle do núcleo de Francelos e desenvolva o PEPRI. A non redacción do PEPRI de forma paralela a redacción do PXOM supondría un agravio comparativo para os veciños de Francelos que verán frustadas a súas expectativas. Este feito estaría agravado pola habilitación doutras zonas no concello aptas para urbanizar o que supondría unha desventaxa para Francelos e unha perdida de potenciales vivendas, servizos, equipamentos e poboción.

Alegación Parcial 6

Algunhas áreas de reparto limitan con zonas clasificadas como solo rustico de protección agrícola, moitos ocupados por viñas. As zonificacións e trazados de viais propostos céntranse na ordenación do solo urbanizable non consolidado desentendendose do contorno.

O sentido da alegación é que as áreas de reparto deben ter en conta a realidade do seu contorno e resolver sobre todo os problemas de conexión e de accesos as parcelas agrícolas. Esta proposta é necesaria sobre todo para as áreas de reparto R17, R9, C1, C5, P7 e P2

SOLO URBANIZABLE

Alegación parcial 7

O PXOM fala do potencial de Ribadavia como destino turístico. Textualmente dí que “non é suficiente que a xente veña ata aquí, senon que debe permanecer neste territorio máis tempo do que hoxe o fai…” Realiza unha pobre enumeración dos motivos polo que Ribadavia non aproveita o potencial turístico e basa as posibilidades de Ribadavia no turismo rural en base a uns recursos que non son precisamente os máis atractivos e potentes.

Este deficiente análise explica que a proposta a nivel urbanístico para desenvolver o potencial turístico de Ribadavia sexa unha reserva de solo urbanizable no balneario de Prexigueiro.

O sentido da alegación é que si o PXOM considera o turismo como un sector prioritario debe facer unha reserva de solo que permita superar unha das principais limitación coa que conta Ribadavia neste sentido, a reducida capacidade de acollida turística.

Debe delimitar un espazo no centro ou no contorno da vila que permita a construcción de equipamento hoteleiro.

EQUIPAMENTOS

EQUIPAMENTO ASISTENCIAL

Alegación Parcial 8

Na memoria xustificativa do PXOM (páxina 70) afírmase que o equipamento asistencial existente en Ribadavia é suficiente e unicamente reserva unha parcela contigua ao asilo de Santo Domingo para a ampliación do mesmo.

O sentido da elegación é considerar insuficiente a proposta.

Os equipamentos asistenciais de Ribadavia son insuficientes e o PXOM é unha ferramenta fundamental para solucionar ese problema. Nese sentido se redactou a alegación anterior (alegación parcial 5) que busca ubicar un centro de dia en Francelos. O PXOM debe facer unha reserva de solo en Ribadavia para a consecución dunha residencia da terceira idade ben dimensionada e acaida as necesidades do concello.

Sin descartar calquera proposta alternativa que o equipo redactor poida facer no momento de tratar esta alegación propoñemos o entorno do antigo campo da feira. Neste ambito o PXOM reverva dous espazos para a construcción dun novo ambulatorio de para a futura ampliación do mesmo. Consideramos que esta reserva da solo é máis que xenerosa propoñemos a reordenación da zona para dar cabida tanto ao centro de saude como á rsidencia da terceira idade.

EQUIPAMENTO DEPORTIVO

Alegación Parcial 9

O PXOM afirma na súa memoria xustificativa (páxina 69) que o equipamento deportivo actual de Ribadavia é suficiente.

O sentido da alegación é negar esta afirmación pois consideramos que o equipamento deportivo existente é insuficiente e presenta problemas graves como son a sua dispersión e empazamento en areas inundables coma a píscina e o pabellón municipal.

A reserva de solo para equipamento deportivo na zona do Xestal é insuficiente. Esta zona deberá albergar a futura “cidade deportiva” de Ribadavia e prever a instalación da piscina cuberta climatizada, un novo pabellón polideportivo, ( o actual está en zona inundable) pistas polideportivas, viais e espazo para aparcamento (coches e autobuses) apropiado.

A zona proposta no PXOM non permitiría realizar este proxecto de modo que debe ser ampliada e realizar unha reserva maior de solo para equipamento deportivo.

SOLO INDUSTRIAL

Alegación parcial 10

O PXOM clasifica unha serie de zonas como solo industrial co obxectivo de ampliar o actual parque empresarial de San Cristovo e tamén para regularizar zonas de industrialización espontánea. Seguindo este criterio consideramos que se debe ampliar esta clasificación as naves con actividade e impedir que queden fora de ordenación. É importante manter estas actividades economicas e o emprego asociado. Neste sentido consideramos que deben quedar dentro desta clasificación a totalidade de naves da zona da Quinza ou no seu defecto asegurar que o uso actual non é incompatible coa clasificación como núcleo rural proposta.

SOLO RÚSTICO

Alegación Parcial 11

Na parroquia de Santo André de Camporredondo aparecen delimitados unha serie de espazos clasificados como solo rústico. O núcleo de Santo André aparece clasificado como núcleo rural coa sua correspondente área de expansión.

Detectamos un erro moi importante debido a que na cartografia non aparece reflexada a nova realidade resultante do proceso de concentración parcelaria. A realidade actual é moi diferente da que recolle o PXOM.

O sentido da alegación é que o PXOM debe recoller o parcelario tal e como está na actualidade despois da concentración. Tamén e necesario que queden recollidos os equipamentos de abastecemento e saneamento do núcleo.

Tamén e necesario que o PXOM recolla como zona de equipamento a parcela de propiedade veciñal existente na zona coñecida como Lameiro.

Alegacion parcial 12

Na parroquia de Santo André aparece clasificada coma zona verde, no entorno do campo da festa, unha parcela que é propiedade veciñal.

O sentido da alegación é que se recolla como equipamento dotacional o ámbito do campo da festa.

———————

SOLICITAN

Que tras os trámites oportunos, se teña en conta a alegación presentada.

Ribadavia a 17 de Xaneiro de 2009





“RURAL CON FUTURO”: todos/as a Santiago o día 7

5 02 2009

plan-de-impulso-ribeiro2

Anxo Quintana e Alfredo Suárez Canal convídante ao acto
RURAL CON FUTURO que se celebrará o sábado 7 de febreiro
ás 11:30 horas no Recinto feiral de Amio, Santiago de
Compostela
Saida de Ribadavia en autobús (gratis) ás 9:30 horas diante do castelo.
O xantar (a escote) é na volta a determinar.
Anotarse no 616306770 (Vilas)





A DIRECTORA XERAL PARA O DEPORTE PRESENTOU O PROXECTO DE REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL DE RIBADAVIA

5 02 2009

· marta_souto1

A reforma integral terá un orzamento aproximado de 1.300.000 euros.

A obra consistirá na sustitución do céspede, así como a modificación dos espazos cubertos,  iluminación e peche.

Santiago, 4 de febreiro. A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe o proxecto básico de reforma do campo de fútbol do Xestal, en Ribadavia, que terá un orzamento aproximado de 1.300.000 euros.

Ao acto de presentación do proxecto asistiu o tenente de alcalde e concelleiro de deporte, Anxo Collarte; o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Antonio Blanco e a arquitecta responsable do proxecto, Patricia Sabín.

A directora xeral para o Deporte destacou que “este proxecto vai supor un onte e un hoxe na vida desta instalación deportiva. Ademais estou encantada de poder destacar que desaparecerán os muros por outros peches máis acaídos, máis respetuosos co entorno, así como que sexa accesíbel para todos e todas, que todas as persoas, sexa cal sexa o seu grado de mobilidade podan acceder a esta instalacións”.

Marta Souto destacou a colaboración co Concello de Ribadavia: “O diálogo institucional beneficia ao deporte e aos deportistas e espero que moi pronto vexamos xa este proxecto convertido nunha realidade”.

A obra consistirá na sustitución do céspede natural por artificial, así como a construción dun peche perimetral, a modificación dos espazos cubertos, vestiarios, almacéns, gradas e a iluminación do campo. O proxecto sufrirá algunha modificación, xa que o equipo redactor está en contacto co Concello para incorporar algunha suxestión. Por este mesmo motivo, o orzamento que se baralla neste momento, de algo máis de 1.300.000 euros, tamén pode ter algún cambio.





Quintana quer un “plan galego de residuos que aposte pola redución, reutilización e reciclaxe e comprometida coa compostaxe”

5 02 2009

quintanaresiduos1

O candidato nacionalista di que “o goberno ten a responsabilidade de buscar unha alternativa en colaboración cos concellos” e asegura que o modelo do PP “naceu superado e está a causar un grave problema medioambiental”

Lousame, 4 Febreiro 09.- O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana visitou esta mañá o complexo medioambiental do Barbanza, en Lousame, onde se realiza un proceso de tratamento e reciclaxe de residuos e alí apostou por “dar un paso máis nesta materia e levar adiante un tratamento de residuos sostíbel”.

A proposta nacionalista radica nunha “nova xestión, un novo modelo marcado polo máximo aproveitamento e a xestión integrada, aberto á redución, reutilización e reciclaxe de lixo e, sobre todo, comprometida coa compostaxe”.

O BNG quer poñer en marcha na vindeira lexislatura “un plan galego de residuos sólidos urbanos e un plan de compostaxe” e nesta liña Anxo Quintana apostou por que “os indicadores de redución, reutilización e reciclaxe primen en este plan”, ao tempo que se fixou como obxectivo para a lexislatura “acabar co depósito de residuos urbanos sólidos en vertedoiros incontrolados, rematar con esa realidade e acadar a compostaxe cando menos do 30% da materia orgánica incrementándoa nun 5% anual”.

O candidato nacionalista destacou tamén a necesidade de pór en marcha un plan de recollida de residuos perigosos e a realización dun inventario dos residuos orgánicos compostábeis.

Para realizar este labor, o cartel nacionalista considerou “imprescindíbel a colaboración entre a Xunta de Galiza e os concellos” porque falamos dun “servizo de país no que os concellos teñen unha competencia exclusiva que deben exercer coa colaboración consorciada da Xunta”.

A proposta do BNG complétase con liñas de asesoramento e axuda ás pequenas e medianas empresas para facer unha xestión acaída dos residuos industriais e a posta en marcha dun plano de xestión de residuos da construción e a demolición, ademais de mellorar a planificación dos residuos sanitarios.

Quintana cualificou de “ilóxica” a teoría do punto de tratamento único e apostou por que as plantas existentes teñan unha perspectiva comarcal que permita a súa xestión sustentábel dentro dunha economía de escala”.

“O goberno ten a responsabilidade de buscar unha alternativa e debemos ser proactivos e comprometernos na execución dun programa de tratamento en colaboración cos concellos que teña a diminución en orixe e a reutilización como eixo fundamental da súa liña de actuación”, concluíu.

O portavoz nacional asegurou que “o método máis ineficaz para o tratamento de residuos foi o que no seu día ideou o PP” e cualificou de “dificilmente entendíbel que nun país de 2.700.000 habitantes agrupados en 35.000 núcleos de poboación se pode esperar que o método sexa centralizado”.

“O método do PP naceu superado e supón xa un grave problema medioambiental”, apuntou Quintana, ao tempo que cualificou de “pasos importantes” os avanzos feitos nesta lexislatura que exemplificou na lei de tratamento de residuos que “nos coloca nun marco que permite o tratamento de residuos desde unha perspectiva integral”.

Quintana sinalou a “evidencia de que non hai ningún método milagroso para solucionar o problema do tratamento de residuos. O único eficaz é a redución de residuos en orixe e intentar que os residuos poidan ter unha reutilización de futuro”





A Dirección Xeral para o Deporte reformará as instalacións do Clube Náutico de Castrelo de Miño

5 02 2009

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe o proxecto que terá un orzamento de 650.000 euros
marta-souto211

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe o proxecto de reforma e ampliación das instalacións de titularidade municipal do Club Náutico de Castrelo de Miño que terá un orzamento de 650.000 euros.

Xunto a directora xeral estiveron o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez; o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Antonio Blanco, e a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte, quen agradeceu a colaboración da Dirección Xeral para o Deporte para mellorar as súas instalacións, que neste último ano foron utilizadas por 4.000 deportistas.

Pola súa parte, o alcalde recordou que “hai pouco máis dun ano tivemos a primeira visita institucional da directora xeral, na que se comprometeu con carácter de urxencia a facer un pantalán cun orzamento de 130.000 euros, instalación que xa inauguramos no Open das nacións e agora estamos aquí coa presentación deste gran proxecto, que ven complementar as instalacións que xa temos”.

Marta Souto destacou a necesidade de “facer desta infraestrutura natural que temos, o mellor proxecto non só para desenvolver eventos deportivos, senón para ter un lugar de adestramentos”. A directora xeral considerou que “é unha xustiza que chegou, porque se está a traballar moi ben dende o club e dende o Concello, polo que temos que harmonizar o que xa existía e cubrir as necesidades existentes”. Ademais, a máximo responsábel do Deporte Galego anunciou que a Dirección Xeral asinará un convenio co Concello para o mantemento destas instalacións.

O proxecto consiste na reforma e ampliación das instalacións existentes. Construiranse novos vestiarios, aseos, sauna, salas de usos múltiples e amplas oficinas. Tamén se amplía a superficie e altura da nave actual. Ademais, ampliarase a nave para almacén de embarcacións. O orzamento da obra é de 650.000 euros.